Amigos e amigas dos xogos tradicionais e do deporte popular, estamos de noraboa! Baixo este logo tan colorido, agóchase unha iniciativa pioneira no noso país: unha guía de recursos do patrimonio lúdico galego para que todas e todos a poidades consultar. Moitos colectivos e asociacións forman parte deste movemento. Deixámosvos a ligazón para que lle botedes unha ollada.
http://xogostradicionais.gal/
Dende 1 ata 100! Non hai límite de idade para divertirse con nós!
Calquera lle pode dar a isto dos xogos tradicionais! Aquí tedes a un dos nosos xogadores mais novos!
PRESENTACIÓN DA VII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS NA DEPUTACIÓN DE LUGO
O pasado venres 27 de maio reuniuse en Lugo unha representación de Xotramu e Brinquedia (entidade que desenvolverá a X edición do seu Encontro Escolar de Xogos Tradicionais) con Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, para realizar a presentación oficial da actividade.
Ferreiro destacou “a importancia do traballo de recuperación deste patrimonio por parte de Xotramu e Brinquedia, ambos colectivos que realizan unha intensa labor de divulgación por toda Galiza e que son un exemplo a seguir á hora de realizar traballo cultural de base” dixo.
Nesta presentación contouse cunha pequena mostra dos xogos que poderán ser practicados durante a actividade, e dos que máis de un non se resistiu a probar.
PROGRAMA DA VIII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS E X ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS
Este será o programa da nosa festa grande, que este ano será aínda mais grande coa celebración do Encontro Escolar en terras de Muimenta. Lembrade o sábado 4 de xuño, agardámosvos!
VIII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS
Xa estamos a traballar arreo na edición deste ano 2016,
a cal desenvolverase o sábado 4 de xuño en xornada de
mañá e tarde no lugar habitual: o Recinto Feiral “Manuel
Vila López”.
É de salientar que
nesta ocasión
acolleremos a celebración do “X
Encontro Escolar de Xogos
Tradicionais”, que co-organizamos
con
Brinquedia Rede Galega do Xogo
Tradicional.

acolleremos a celebración do “X
Encontro Escolar de Xogos
Tradicionais”, que co-organizamos
con
Brinquedia Rede Galega do Xogo
Tradicional.

Polo tanto, durante
as actividades da mañá primarán os
xogos dirixidos á rapazada, aínda que tamén haberá outro
tipo de actividades.
xogos dirixidos á rapazada, aínda que tamén haberá outro
tipo de actividades.
Xa pola tarde atoparedes un amplo abano de propostas
dirixidas a tódalas idades e intereses.
Atopámonos pechando o programa definitivo, o cal
publicaremos tan pronto como teñamos confirmación dos
diferentes asistentes.
Ide preparando as
ganas de xogar e enredar!
VII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS EN MUIMENTA
Un ano mais agardámosvos a todas e a todos en Muimenta o domingo 7 de xuño para celebrar a nosa sétima cita co xogo popular e o deporte tradicional. Achegádevos a Muimenta para disfrutar dunha xornada de ocio sen custe algún para toda a familia, e descubre todo o potencial dos xogos tradicionais.
Se queres tamén podes quedarte a xantar con nós, para non ter que preocuparte de nada durante todo o día. Podes facer a túa reserva no 982-52-80-17.
Anímate e achégate a Muimenta!!
Video-resumo da VI Festa de Xogos Tradicionais XOTRAMU 2014
Xotramu 2014 from Vagalume Audiovisual on Vimeo.
Aquí tedes un video-resumo da nosa festa de xuño deste ano realizado polos nosos amigos de Vagalume Audiovisual. Poderedes ver algúns dos mellores momentos daquel día, mentras agardades pola festa do ano que ven. Disfrutadeo!
XOGUETES NATURAIS. ARGALLADAS DOS PICAROS
Dende Xotramu queremos facervos unha suxestión de lectura para este verán. Este libro-caderno de campo foi presentado ao público na nosa festa do 1 de xuño. Xosé López González e José García Fernández asinan este perfecto manual para fabricar pequenas argalladas con materiais propios da temporada na que estamos. É un libro para consultar e para facer. Animádevos e se sodes capaces de constuir algunha enviadenos unha fotografía!!!
VI FESTA XOTRAMU
Este ano o primeiro de xuño non nos imos adicar a ir a vervos a onde nos chamedes. O vindeiro 1 de xuño agardámosvos en Muimenta, no noso recinto feiral para a nosa "posta de largo" anual. Aquí amosarémosvos todo o que fixemos este ano na recollida, restauración e incluso na construción de novos enredos e xogos. Ademais coma sempre, poderedes participar e xogar de balde en todos os postos da festa.
Dámosvos a posibilidade de compartir con nós o xantar, para iso tedes que reservar no teléfono 982528017. O menú terá un prezo de 11 € e constará de:
- Ensalada de pasta
- Tenreira con verduriñas e patacas
- Froita
- Viño, auga e café
Inicio
Aínda a risco de pecar de pouco orixinais: Unha imaxe vale mais ca mil palabras. Nesta instantánea captamos os nosos obxectivos e as nosas ganas de
transmitir ás novas xeracións unha herdanza tan importante como é a de
medrar xogando. Móvete polo noso blog e verás todo o que estamos a facer para recuperar o noso patrimonio lúdico tradicional. Navega e disfruta!
Colaboración entre XOTRAMU e a Fundación TIC
Amosámovos a continuación un vídeo resumo da colaboración que XOTRAMU realizou coa Fundación TIC, e que se traduciu nunha serie de vídeos de divulgación dos xogos tradicionais. Podedes acceder a todos estes vídeos na seguinte ligazón
ENTROIDO 2012

Animada carreira de burros na nova edición da Feira do Entroido en Muimenta. Os veciños e veciñas da vila e arredores escacharon coa risa, mentras os esforzados xinetes loitaban coas súas cabalgaduras. Toda unha antroidada!!!
Xogos de habilidade na Xuntanza de Voluntarios 2011
Na xornada de formación de voluntarios para Xotramu 2011 tiveron moita aceptación os xogos de habilidade. Requiren un pouco de paciencia, pero fortalecen carácter. Veña, a xogar!!!
Galería fotográfica
Se queres ver momentos divertidos e importantes dos nosos eventos, clica en calquera entrada e disfruta.
Zorregada co cinto
(O lorcho)
Todas as persoas están sentadas en círculo, agás unha que dará voltas ao seu redor, levando un “cinto” (periódico dobrado) na súa man. Cando queira deixarao detrás dalguén e correrá para dar tres voltas completas e sentarse no sitio que quedou libre, procurando non levar golpes no cu co “cinto”. Unha vez que se empeza a correr nunha dirección non se pode variar.
Tiro de corda
(Turra-Soga)
A finalidade deste xogo é a de turrar máis que o equipo contrario. Para xogar fanse dous equipos do mesmo número de xogadores/as. Trázanse 3 liñas no chan; unha central e as outras dúas á mesma distancia. Márcase cun pano o centro da corda. Sitúanse os equipos a ambos lados da corda deixando o pano aliñado coa raia central pintada no chan. Cando a xuíza ou o xuíz o indique, turrarán da corda ata que o pano pase a raia situada máis preto do seu equipo.
Pés quietos
Poderán xogar a pés quietos todos os participantes que o desexen, sendo necesario unicamente empregar unha pelota.
Un dos xogadores, ó chou, é o que queda. Colócase no centro e lanza a pelota ó tempo que di o nome dun xogador. A persoa nomeada recóllea o máis axiña que pode e os demais escapan. Cando a colle berra: “pés quietos” e os demais fican parados no sitio.
O xogador que ten a pelota dá tres saltos cara a un dos xogadores e lánzalle a pelota. Se lle dá, xa ten unha falta; se non lle dá, a falta é para o lanzador. Elimínase un xogador en canto ten tres faltas.
O xogo continúa ata que queda unha única persoa.
Pasa Perico
É un xogo no que dúas persoas se agarran polas mans e forman unha especie de ponte; por debaixo dela debe pasar o resto dos/das que xogan, que estarán en fila. Á vez que se pasa hai que cantar o recitado abaixo indicado. Cando o recitado remate, a persoa que estea debaixo dos brazos quedará atrapada; aqueles/as que facían de ponte daranlle a escoller entre dúas palabras que previamente xa se tiñan adxudicado. Quen quede atrapado/a escollerá unha desas palabras e colocarase detrás da persoa que a elixira.
O xogo continuará e ao final haberá dous equipos, un fronte ao outro; as dúas persoas que facían de ponte agarraranse polas mans e turrarán cara ao seu lado, para facer que as do outro equipo tranpasen unha raia.
“Pasa Perico,
pasa Monteiro,
polas portas
dos carabineiros,
o de diante
corre moito
e o de atrás
aí quedará”.
pasa Monteiro,
polas portas
dos carabineiros,
o de diante
corre moito
e o de atrás
aí quedará”.
XOTRAMU
Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.
Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.
Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.
















