XOGUETES NATURAIS. ARGALLADAS DOS PICAROS

Dende Xotramu queremos facervos unha suxestión de lectura para este verán. Este libro-caderno de campo foi presentado ao público na nosa festa do 1 de xuño. Xosé  López González e José García Fernández asinan este perfecto manual para fabricar pequenas argalladas con materiais propios da temporada na que estamos. É un libro para consultar e para facer. Animádevos e se sodes capaces de constuir algunha enviadenos unha fotografía!!!



VI FESTA XOTRAMU 

Este ano o primeiro de xuño non nos imos adicar a ir a vervos a onde nos chamedes. O vindeiro 1 de xuño agardámosvos en Muimenta, no noso recinto feiral para a nosa "posta de largo" anual. Aquí amosarémosvos todo o que fixemos este ano na recollida, restauración e incluso na construción de novos enredos e xogos. Ademais coma sempre, poderedes participar e xogar de balde en todos os postos da festa. 
Dámosvos a posibilidade de compartir con nós o xantar, para iso tedes que reservar no teléfono 982528017. O menú terá un prezo de 11 € e constará de:
  • Ensalada de pasta
  • Tenreira con verduriñas e patacas
  • Froita
  • Viño, auga e café
 Xa sabedes, pasádevos por Muimenta o 1 de xuño!!!

XOTRAMU

Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.

Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.

Séguenos tamen aquí

Subscríbete ao noso blog

Recibe as novas de Xotramu por correo eléctronico:

Visitas do blog