PostHeaderIcon As catro esquinas

Material: Non se precisa
Espazo: Rectángulo con marcas para cada esquina
Xogadores: 5

  • Bótanse sortes para ver quen apanda
  • O pandote sitúase no centro do rectángulo, mentras que os demais ocupan cadansúa esquina.
  • Cando se escoite un sinal, todos deberán cambiar de esquina procurando que o pandote non pille ningunha antes ca eles.
  • Ningún xogador pode volver á marca da que saiu.
  • Se o pandote colle unha esquina, o que queda fóra é o novo pandote.

PostHeaderIcon O cravo

Material: Cravo grande de ferro
Espazo: Zona de terra con círculos ou cadrados numerados

  • Márcanse na terra varios círculos ou cadrados numerados, as casas, duns 40 cm de diámetro.
  • Establécese a quenda de xogo e o que empece lanzará o cravo para chantalo na casa número 1.
  • Se o consegue, poñerase nesa casa e lanzará á número 2 e así sucesivamente ata chegar á última.
  • Se o cravo non se chanta cedéselle a vez ao seguinte.
  • O que remate pode comezar outra vez, pero lanzando agora á casa número 2.

XOTRAMU

Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.

Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.

Séguenos tamen aquí

Subscríbete ao noso blog

Recibe as novas de Xotramu por correo eléctronico:

Visitas do blog