PostHeaderIcon VIII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS


Xa estamos a traballar arreo na edición deste ano 2016, 

a cal desenvolverase o sábado 4 de xuño en xornada de

mañá e tarde no lugar habitual: o Recinto Feiral “Manuel 

Vila López”.



É de salientar que nesta ocasión 

acolleremos a celebración do “X 

Encontro Escolar de Xogos 

Tradicionais”, que co-organizamos 

con 

Brinquedia Rede Galega do Xogo 

Tradicional.




Polo tanto, durante as actividades da mañá primarán os

xogos dirixidos á rapazada, aínda que tamén haberá outro 

tipo de actividades.


Xa pola tarde atoparedes un amplo abano de propostas 

dirixidas a tódalas idades e intereses.


Atopámonos pechando o programa definitivo, o cal 

publicaremos tan pronto como teñamos confirmación dos 

diferentes asistentes.



Ide preparando as ganas de xogar e enredar!


PostHeaderIcon VII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS EN MUIMENTA

Un ano mais agardámosvos a todas e a todos en Muimenta o domingo 7 de xuño para celebrar a nosa sétima cita co xogo popular e o deporte tradicional. Achegádevos a Muimenta para disfrutar dunha xornada de ocio sen custe algún para toda a familia, e descubre todo o potencial dos xogos tradicionais.
Se queres tamén podes quedarte a xantar con nós, para non ter que preocuparte de nada durante todo o día. Podes facer a túa reserva no 982-52-80-17.

Anímate e achégate a Muimenta!!

XOTRAMU

Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.

Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.

Séguenos tamen aquí

Subscríbete ao noso blog

Recibe as novas de Xotramu por correo eléctronico:

Visitas do blog