PostHeaderIcon Dende 1 ata 100! Non hai límite de idade para divertirse con nós!


Calquera lle pode dar a isto dos xogos tradicionais! Aquí tedes a un dos nosos xogadores mais novos!

PostHeaderIcon PRESENTACIÓN DA VII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS NA DEPUTACIÓN DE LUGO





O pasado venres 27 de maio reuniuse en Lugo unha representación de Xotramu e Brinquedia (entidade que desenvolverá a X edición do seu Encontro Escolar de Xogos Tradicionais) con Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, para realizar a presentación oficial da actividade.


Ferreiro destacou “a importancia do traballo de recuperación deste patrimonio por parte de Xotramu e Brinquedia, ambos colectivos que realizan unha intensa labor de divulgación por toda Galiza e que son un exemplo a seguir á hora de realizar traballo cultural de base” dixo.

Nesta presentación contouse cunha pequena mostra dos xogos que poderán ser practicados durante a actividade, e dos que máis de un non se resistiu a probar.

PostHeaderIcon PROGRAMA DA VIII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS E X ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS





Este será o programa da nosa festa grande, que este ano será aínda mais grande coa celebración do Encontro Escolar en terras de Muimenta.  Lembrade o sábado 4 de xuño, agardámosvos!

PostHeaderIcon VIII FESTA DE XOGOS TRADICIONAIS


Xa estamos a traballar arreo na edición deste ano 2016, 

a cal desenvolverase o sábado 4 de xuño en xornada de

mañá e tarde no lugar habitual: o Recinto Feiral “Manuel 

Vila López”.



É de salientar que nesta ocasión 

acolleremos a celebración do “X 

Encontro Escolar de Xogos 

Tradicionais”, que co-organizamos 

con 

Brinquedia Rede Galega do Xogo 

Tradicional.




Polo tanto, durante as actividades da mañá primarán os

xogos dirixidos á rapazada, aínda que tamén haberá outro 

tipo de actividades.


Xa pola tarde atoparedes un amplo abano de propostas 

dirixidas a tódalas idades e intereses.


Atopámonos pechando o programa definitivo, o cal 

publicaremos tan pronto como teñamos confirmación dos 

diferentes asistentes.



Ide preparando as ganas de xogar e enredar!


XOTRAMU

Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.

Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.

Séguenos tamen aquí

Subscríbete ao noso blog

Recibe as novas de Xotramu por correo eléctronico:

Visitas do blog