PostHeaderIcon As catro esquinas

Material: Non se precisa
Espazo: Rectángulo con marcas para cada esquina
Xogadores: 5

  • Bótanse sortes para ver quen apanda
  • O pandote sitúase no centro do rectángulo, mentras que os demais ocupan cadansúa esquina.
  • Cando se escoite un sinal, todos deberán cambiar de esquina procurando que o pandote non pille ningunha antes ca eles.
  • Ningún xogador pode volver á marca da que saiu.
  • Se o pandote colle unha esquina, o que queda fóra é o novo pandote.

PostHeaderIcon O cravo

Material: Cravo grande de ferro
Espazo: Zona de terra con círculos ou cadrados numerados

  • Márcanse na terra varios círculos ou cadrados numerados, as casas, duns 40 cm de diámetro.
  • Establécese a quenda de xogo e o que empece lanzará o cravo para chantalo na casa número 1.
  • Se o consegue, poñerase nesa casa e lanzará á número 2 e así sucesivamente ata chegar á última.
  • Se o cravo non se chanta cedéselle a vez ao seguinte.
  • O que remate pode comezar outra vez, pero lanzando agora á casa número 2.

PostHeaderIcon O muíño

Material: Nove fichas para cada xogador
Espazo: Cadrados riscados no chan con 24 marcas

Xogan dúas persoas, pero tamén se pode xogar por parellas. Depois de botar sortes, van colocando alternativamente as súas fichas co obxectivo de aliñar tres. Pódense colocar en liña recta ou diagonal. Canso estean colocadas todas, moveranse en sentido de avance dun punto a outro contiguo. O xogador que coloca tres en liña fai un muíño e sópralle unha ficha ao compañeiro. Remata o xogo cando a un dos xogadores ou parellas só lles quedan dúas fichas.

PostHeaderIcon O tres en raia

Material: Tres pezas iguais para cada xogador
Espazo: Cadrado riscado no chan con nove marcas

Xogan dúas persoas e bótase a sortes a ver quen comeza. O primeiro movemento é colocar unha peza no punto central e despois alternativamente irán colocando as súas pezas nas marcas que desexen. Trátase de que un xogador consiga situar as tres pezas en liña, ben sexa recta ou diagonal. O primeiro que o consiga será o gañador.

XOTRAMU

Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.

Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.

Séguenos tamen aquí

Subscríbete ao noso blog

Recibe as novas de Xotramu por correo eléctronico:

Visitas do blog