O cravo
30.5.09 |
Editar entrada
Tweet
Material: Cravo grande de ferro
Espazo: Zona de terra con círculos ou cadrados numerados
Espazo: Zona de terra con círculos ou cadrados numerados
- Márcanse na terra varios círculos ou cadrados numerados, as casas, duns 40 cm de diámetro.
- Establécese a quenda de xogo e o que empece lanzará o cravo para chantalo na casa número 1.
- Se o consegue, poñerase nesa casa e lanzará á número 2 e así sucesivamente ata chegar á última.
- Se o cravo non se chanta cedéselle a vez ao seguinte.
- O que remate pode comezar outra vez, pero lanzando agora á casa número 2.
XOTRAMU
Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.
Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.