As bólas
27.12.10 |
Editar entrada
Tweet
Adaptaremos as variedades existentes deste xogo ás idades dos/as participantes:
- As persoas máis novas poden xogar a ver quen deixa a bóla máis cerca dunha raia (o xogo irá a dez puntos, conseguindo un punto quen quede máis cerca e dous se queda enriba da raia).
- As medianas en idade xogarán a ver quen dá tres veces na bóla dalgunha compañeira ou compañeiro (cando a alguén lle ocorra iso quedará eliminado/a).
- As persoas maiores poden xogar a botar fóra dun círculo grande as bólas dos/das demais (quen vai fóra ou a quen boten fóra quedará eliminado/a ata que remate o xogo).
XOTRAMU
Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.
Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.