A billarda
24.12.10 |
Editar entrada
Tweet
Coñecido tamén como Estornela, para xogar precísanse dous paus redondos, de 2 cm. de grosor: o palán (de 30 a 40 cm. de longo) e unha billarda ou billa (de 15 cm., aguzado nos extremos). O espazo no que se desenvolve normalmente debe ser un terreo extenso, chan, sen obstáculos.
As principias normas para o desenvolvemento deste xogo son:
- Pódese xogar individualmente ou por equipos. O obxectivo é acadar un número de puntos previamente pactado. Para conseguilo lanzarase a billarda o máis lonxe posible. Márcase o lugar de saída con dúas pedras –as cepas- separadas entre elas algo menos cá lonxitude do palán.
- Lánzase a billa cara ás cepas, dende 6 m. A persoa que deixe a billarda máis cerca das cepas empezará o xogo.
- Quen ataca ponse onde as cepas, co palán nunha man e a billa na outra; lanzará esta ao aire e golpearaa antes de que caia.
- Nese momento berrará “Palán de billarda” e pousará o palán enriba das cepas. As persoas contra as que xoga tentará chapar (pillar) a billa o antes posible, mesmo no aire. Desde o lugar en que a pillen, lanzarana para aproximala ás cepas.
- Quen ataca terá tres oportunidades para afastar a billarda, baténdolle co palán nun estremo e rematándoa no aire.
- Despois da segunda tentativa, a billa sempre será golpeada desde o chan.
- Esgotados os tres intentos pediranse puntos. Un punto é a medida do palán. O/a atacante calculará os paláns de distancia que hai entre a billarda e as cepas e pedirá eses tantos.
- A persoa contra a que xoga pode dicir “douchas” (se está de acordo, neste caso os puntos son para quen lanzou) ou “mídeas” (se non o está).Pode ocorrer entón que pedira de menos (levará o/a atacante a diferencia de puntos), que pedira exacto (levará o dobre de puntos) ou que pedira de máis (quedará fóra de xogo).
- Sempre lanzará a mesma persoa ata perder a vez. Pérdese a quenda:

- Se o/a contrario/a pilla a billarda no aire.
- Se ao devolver a billa, esta bate no palán , nas cepas, pasa por debaixo do palán ou queda a menos dun metro de distancia das cepas.
- Se quen ataca falla tres veces sen lle dar ao palán.
- Se a billarda, logo dos tres avances, queda a menos dun palán das cepas.
XOTRAMU
Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.
Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.