O ferrón
30.12.10 |
Editar entrada
Tweet
O ferrón e un pedazo de ferro en forma de rosca de pan, con un burato no medio, co que se tira a unha distancia onde está chantado un clavo na terra, que ten descuberta só a cabeza. O obxectivo básico do xogo é conseguir poñer o ferrón dentro da cabeza, ou o máis cerca que se poida.
1. Elementos do xogo:
- Pau: chantado na terra verticalmente 1 metro
- Ferradura
2. Xogadores:
- Un equipo compónse de tres xogadores/as e dúas persoas suplentes.
- Poderán efectuarse dous cambios durante a celebración da partida.
- Para que o equipo inscrito poida participar, terán que atoparse no terreo de xogo, ao menos tres xogadores/as.
- Podénse celebrar partidas individuais.
3. Forma de xogo:
- Cada xogador/a tira a peza ou ferradura 10 veces.
- O xogo consiste en lanzar a ferradura, co fin de introducila dentro do pau, tendo en conta as características especiais que posee a ferradura en canto a súa forma e abertura.
- A forma de puntuar é da seguinte forma: 5 puntos no ferrón, 2 puntos na primeira circunferencia e 1 na segunda máis grande.
- A distancia a lanzar a ferradura será de 12 metros.
- A orde de tirada establécese mediante sorteo, antes de comezar a partida.
- Gañará a partida o equipo que teña maior acerto nos seus lanzamentos.
4. Xuíces:
- O xogo arbitral estará formado por un/ha xuíz árbitro e un/ha xuíz anotador/a.
- Ditos árbitros/as levantarán acta das incidencias e resultados da partida.
5. Competicións:
- Pódese organizar competicións. Dándose neste caso dous puntos ao equipo gañador e unha ao equipo perdedor.
- Tamén se pode organizar competicións en forma de eliminatoria, sendo eliminado equipo perdedor.
XOTRAMU
Benvido ao blog de Xogos tradicionais Muimenta.
Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.
Aquí poderás atopar información de todas as actividades que dende XOTRAMU estamos a desenvolver para recuperar os xogos tradicionais dos nosos pais, nais, avós, etc. e que tantos momentos de ledicia nos fixeron pasar cando éramos nenos.